Primeira Semana de Febreiro, recuperando o aldraxe
Febreiro comeza cunha alta produción infomativa na que se conseva a posición hexemónica de Feijóo na comunicación personalizada das políticas do goberno. Vemos na gráfica seguinte como o acompaña o conselleiro da presidencia conseguindo tanta presencia, entre defender as caixas, dirixir o seu partido e inaugurar xulgados, coma todolos demais conselleiros xuntos.
Se revisamos cal foi a produccion diaria de novas referentes ao presidente da Xunta a medida que avanzou a semana observamos unha saturación e presencia moi pouco habitual, motivada polos amplos frentes e antagonistas que lle saen no tema principal de sua comunicación nesta semana.
[image2]
Completando a información co etiquetado valorativo aumenta esta semana a carga conflictiva (en celeste, en azul as novas positivas) da comunicación arredor de Núñez Feijoo, conseguindo unha proporción moi similar en todolos medios
A pesar do habilidoso intento do PSOE-PSdeG de introducir o asunto da reforma do estatuto para facerlle un novo roto a mensaxe popular non houbo tema capaz de competir coa reparto das caixas galegas, xurdindo ademais unha multitude de temas de escaso rendimento pero de interese para a prensa.
En prevision da manifestacion viguesa semella que tanto auditar, reformar, e repartir caixas non deixa tempo para gobernar e moito menos para emitir mensaxe algunha.
Agardamos que se poña fin a esta situación no debate de política xeral do proximo marzo, cando se obligue o arco parlamentar a centrarse en certos temas por riba da actualidade mediática que tanto distrae.
A ese respecto é de obligada visita a anotación de Fermin Bouza sobre a axenda personal en Galicia para abrir a reflexión sobre a capacidade que tivo este goberno no seu primeiro ano para extender algunha das suas ideas ou para recoller as demandas dunha cidadania con intereses e problemas propios e alleos ao debate partidista.
*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 312 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.



I like use viagra, but this no good in my life, so viagra no good.
уфимская доска объявлений о знакомстве 1vstvipsone